IV CERTAMEN LITERARIO DE CARTAS DE AMOR

BASES DO IV CERTAMEN LITERARIO "CARTAS DE AMOR"

     A Concellería de Educación do Excmo. Concello de Ourense, convoca o IV Certame de cartas de Amor, de acordo coas seguintes bases:


1. Poderá participar o alumnado de  1º ESO do Concello de Ourense.

2. Os temas das cartas serán o AMOR ou o DESAMOR e irán dirixidas a persoas, lugares, animais ou obxectos personificados.

3. As cartas deberán estar escritas en prosa, en lingua galega ou castelá.

4. Extensión: un mínimo de 15 liñas e máximo de 40.

5. Os traballos deberán estar manuscritos, ser inéditos, en xénero epistolar, respectando a forma dunha carta.

6. Avaliarase a creatividade, a orixinalidade, a capacidade para transmitir emocións así como a ortografía e presentación.

7. Como máximo presentarase unha carta por participante.

8. As cartas deberanse presentar por rexistro xeral do Concello de Ourense(Praza Maior 1, 32005 Ourense) cubrindo unha instancia de procedementos xerais, indicando:

· No apartado de …

VISITA DA ESCRITORA LEDICIA COSTAS




Este mércores, 6 de xuño, a escritora Ledicia Costas visitou o noso colexio. Os alumnos de 2º da ESO tiveron a oportunidade de falar con ela sobre as súas obras, especialmente Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, Premio Lazarillo 2015, que leran no segundo trimestre.
A autora presentoulles dous breves vídeos nos que se recollían os feitos reais que inspiraron o libro: as dúas visitas do escritor a Vigo, Sanjurjo Badía e revelloulles algunha que outra anécdota. Comezou logo un coloquio autora-lectores que resultou do máis gratificante: o alumnado realizou moitas preguntas sobre o libro, a lectura e o proceso de creación que a galardonada escritora contestou amplamente.
Falounos da importancia que ten para un escritor a lectura, do duro que foi a elaboración de Un animal chamado néboa (o seu libro máis apegado á realidade e ambientado na guerra civil), das alegrías que lle teñen dado os seus libros, das súas lecturas e autores favoritos…

Moitísimas grazas, Ledicia Costas, por ter compartido este tempo con nós!!