VISITA DA ESCRITORA LEDICIA COSTAS

Este mércores, 6 de xuño, a escritora Ledicia Costas visitou o noso colexio. Os alumnos de 2º da ESO tiveron a oportunidade de falar con ela sobre as súas obras, especialmente Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, Premio Lazarillo 2015, que leran no segundo trimestre.
A autora presentoulles dous breves vídeos nos que se recollían os feitos reais que inspiraron o libro: as dúas visitas do escritor a Vigo, Sanjurjo Badía e revelloulles algunha que outra anécdota. Comezou logo un coloquio autora-lectores que resultou do máis gratificante: o alumnado realizou moitas preguntas sobre o libro, a lectura e o proceso de creación que a galardonada escritora contestou amplamente.
Falounos da importancia que ten para un escritor a lectura, do duro que foi a elaboración de Un animal chamado néboa (o seu libro máis apegado á realidade e ambientado na guerra civil), das alegrías que lle teñen dado os seus libros, das súas lecturas e autores favoritos…

Moitísimas grazas, Ledicia Costas, po…

TEATRO VEDRUNA NA MOSTRA ANUAL MOTECES

Esta mañá o Grupo de Teatro Vedruna dirixido por Pablo Silva puxo en escea no salón de actos da Escola Municipal das Artes Escénicas do Concello de Ourense a obra El cartero del rey. Esta representación encádrase na participación da Mostra de Teatro escolar para ensinos de secundaria da nosa cidade, MOTECES, organizada pola Concelleria de Educación.

SINOPSE
A obra narra a conmovedora historia de Amal, un neno apenas afectado por unha enfermidade incurable que o mantén postrado nunha cama.
Amal é feliz no fértil mundo da súa imaxinación, pero séntese atraído pola vida e a xente que ve pasar fronte a ventá do seu cuarto e os seus anhelos de liberdade e coñecementos lévano a desexar con toda a súa alma viaxar e coñecer o mundo.A nova de que se instalará na aldea unha oficina do carteiro do rei, o enche de alegría e o fai querer convertese en carteiro do rei para poder levar mensaxes a todas partes e, por que non ,a esperar que o propio Rei lle envíe un.