VISITA DA ESCRITORA LEDICIA COSTAS

Este mércores, 6 de xuño, a escritora Ledicia Costas visitou o noso colexio. Os alumnos de 2º da ESO tiveron a oportunidade de falar con ela sobre as súas obras, especialmente Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, Premio Lazarillo 2015, que leran no segundo trimestre.
A autora presentoulles dous breves vídeos nos que se recollían os feitos reais que inspiraron o libro: as dúas visitas do escritor a Vigo, Sanjurjo Badía e revelloulles algunha que outra anécdota. Comezou logo un coloquio autora-lectores que resultou do máis gratificante: o alumnado realizou moitas preguntas sobre o libro, a lectura e o proceso de creación que a galardonada escritora contestou amplamente.
Falounos da importancia que ten para un escritor a lectura, do duro que foi a elaboración de Un animal chamado néboa (o seu libro máis apegado á realidade e ambientado na guerra civil), das alegrías que lle teñen dado os seus libros, das súas lecturas e autores favoritos…

Moitísimas grazas, Ledicia Costas, po…

III CERTAME DE RECITADO POÉTICO

Onte,día 2 de maio,ás 16:00h,celebrouse o III Certame de Recitado poético para alumnos de ESO,co gallo das Letras Galegas 2018. 
Reitáronse poemas de Rosalía de Castro,Celso Emilio Ferreiro,Antonio G.Teijeiro e Mªvictoria Moreno.

Os alumnos/as que resultaron premiados son:
Leyre Padrón Morales  e Ana Rodríguez Cordero de 1º ESO.
María Castro Fernández de 2º da ESO
Sofía Cid Núñez de 3º da ESO

PARABÉNS AOS PREMIADOS