VISITA DA ESCRITORA LEDICIA COSTAS

Este mércores, 6 de xuño, a escritora Ledicia Costas visitou o noso colexio. Os alumnos de 2º da ESO tiveron a oportunidade de falar con ela sobre as súas obras, especialmente Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, Premio Lazarillo 2015, que leran no segundo trimestre.
A autora presentoulles dous breves vídeos nos que se recollían os feitos reais que inspiraron o libro: as dúas visitas do escritor a Vigo, Sanjurjo Badía e revelloulles algunha que outra anécdota. Comezou logo un coloquio autora-lectores que resultou do máis gratificante: o alumnado realizou moitas preguntas sobre o libro, a lectura e o proceso de creación que a galardonada escritora contestou amplamente.
Falounos da importancia que ten para un escritor a lectura, do duro que foi a elaboración de Un animal chamado néboa (o seu libro máis apegado á realidade e ambientado na guerra civil), das alegrías que lle teñen dado os seus libros, das súas lecturas e autores favoritos…

Moitísimas grazas, Ledicia Costas, po…

CERTAME LITERARIO: Auga que flúe, fonte de rimas


 
Xa está en marcha a IV edición do concurso “Galicia, auga, literatura e rap”, que este ano trae unha importante variante. Os escolares terán que dar a súa visión, a modo de rap, das grandes obras da literatura galega nas que a auga esté presente.

Os pasos a seguir son:

- Elixe a pasaxe ou texto entre os clásicos da literatura galega nos que estea presente a agua. 
- Fai a túa propia versión a modo de rap e grávaa en vídeo. 
- Participa de xeito individual ou en grupo (máximo 4 persoas) 
- Manda o teu vídeo a marketing@lavoz.es co asunto “Concurso: Galicia, auga, literatura e rap”.
- Tamén podes subir o vídeo a twitter co "hastag"#augaliteraturaerap e mencionar a @augasliterarias.

Ademais dos premios en categorías infantís e xuvenís e para profesores, este ano a organización considera un premio para o video con  máis retweets entre os que se subiron a Twitter. Por iso, habilitouse a un usuario de Twitter relacionado con esta acción: @augasliterarias.

As escolas ou aulas que voluntariamente desexan difundir o traballo a través de Twitter (para o que deben ter unha conta, así como a correspondente autorización dos alumnos ou os seus representantes legais, segundo o caso) poden subir os videos a Twitter co Hashtag #augaliteraturaerap e mención ao referido usuario @asugasliterarias.

Os premios serán entregados na festa de fin de curso de Voz Natura o sábado 2 de xuño de 2018.

As regras do concurso pódense atopar aquí ou na páxina www.prensaescuela.es

O prazo máximo de presentación de traballos será o día 11 de maio de 2018.

        BASES DO CONCURSO: PREME AQUÍ