miércoles, 25 de mayo de 2016

ENCONTRO COA ESCRITORA MARÍA SOLAR

Este martes, 24 de maio, María Solar achegouse ao noso centro para falar cos alumnos de 2º da ESO sobre O meu pesadelo favorito.

A autora comentou con nós distintos aspectos do libro, respondeu amablemente as cuestións plantexadas polo alumnado e asinou os seus exemplares.

María Solar, que presenta actualmente o informativo A revista fin de semana da TVG, vén de recoller o premio Mellor Libro Infantil e Xuvenil que concedeu a asociación de editores, escritores e libreiros na I Gala do Libro Galego. Este recoñecemento súmase a outros moitos que ten acadado este libro: premio Lazarillo de creación literaria 2014; incluído na prestixiosa lista White Ravens; Libro do ano 2015 na revista Fervenzas literarias

Outros libros da popular xornalista son O tempo do revés, Boa sorte, O fillo do Pintamonas, Vou ter un irmán!! (premio Frei Martín Sarmiento 2014), As meigas de Lupa, A verdadeira historia da mosca da tele (premio Frei Martín Sarmiento 2014).

Agradecemos moitísimo a María o tempo que nos adicou, as súas palabras e a súa simpatía e amabilidade e  esperamos que as súas últimas obras, Teño uns pés perfectos e As horas roubadas (esta última, novela para adultos) teñan a mesma aceptación que O meu pesadelo favorito


Se queres saber máis sobre esta autora, preme aquí



No hay comentarios:

Publicar un comentario