martes, 2 de febrero de 2016

BASES I CERTAME LITERARIO DE CARTAS DE AMOR - CONCELLO DE OURENSE



A Concellería de Educación do Excmo. Concello de Ourense, convoca o I Certame de cartas de Amor – Concello de Ourense, de acordo coas seguintes bases:

1. Poderá participar o alumnado de 6º curso de EP e 1º ESO do Concello de Ourense.
2. Os temas das cartas serán o AMOR ou o DESAMOR e irán dirixidas a persoas, lugares, animais ou obxectos personificados.
3. As cartas deberán estar escritas en prosa en lingua galega ou castelá.
4. Extensión: un mínimo de 15 liñas e máximo de 40.
5. Os traballos deberán estar escritos en xénero epistolar, respectando a forma dunha carta.
6. Avaliarase a creatividade, a orixinalidade, a capacidade para transmitir emocións así como a ortografía e presentación.
7. Como máximo presentarase unha carta por participante.
8. As cartas poderanse presentar en man ou por correo postal a: “I Certame de Cartas de Amor do Concello de Ourense”. Concellería de Educación. Praza de San Martiño, 2.1º. 32005 Ourense. Cada carta deberase asinar cun pseudónimo e entregarse nun sobre pechado no que figure ese mesmo pseudónimo e no interior os datos persoais do autor/a (Nome e apelidos, centro de ensino, profesor/a, enderezo, teléfono e correo electrónico).
9. O prazo de admisión quedará pechado o mércores, 10 de febreiro de 2016.
10. O xurado estará formado por 2 profesores/as e persoal da Concellería de Educación.
11. Establécense dous premios: Un primeiro premio será un bolígrafo intelixente e un lote de libros e o segundo premio un lote de libros.
12. O fallo do xurado será inapelable, quedando tamén facultado para resolver calquera incidencia que puidera producirse e que non estivera contemplada nas presentes bases.
13. O Certame pode ser declarado deserto.
14. O Concello de Ourense resérvase o dereito a divulgar, total ou parcialmente, difundir e publicar as cartas, sen limitación de tempo nin restrición nas súas formas de presentación.
15. Toda a información do certame estará colgada na web da Concellería de Educación www.educacionourense.com. Para contactar co Servizo de Educación dispón das seguintes canles: por teléfono, 988 388 136, ou por correo electrónico: educa.programas2@ourense.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario