VISITA DA ESCRITORA LEDICIA COSTAS

Este mércores, 6 de xuño, a escritora Ledicia Costas visitou o noso colexio. Os alumnos de 2º da ESO tiveron a oportunidade de falar con ela sobre as súas obras, especialmente Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, Premio Lazarillo 2015, que leran no segundo trimestre.
A autora presentoulles dous breves vídeos nos que se recollían os feitos reais que inspiraron o libro: as dúas visitas do escritor a Vigo, Sanjurjo Badía e revelloulles algunha que outra anécdota. Comezou logo un coloquio autora-lectores que resultou do máis gratificante: o alumnado realizou moitas preguntas sobre o libro, a lectura e o proceso de creación que a galardonada escritora contestou amplamente.
Falounos da importancia que ten para un escritor a lectura, do duro que foi a elaboración de Un animal chamado néboa (o seu libro máis apegado á realidade e ambientado na guerra civil), das alegrías que lle teñen dado os seus libros, das súas lecturas e autores favoritos…

Moitísimas grazas, Ledicia Costas, po…

CONCURSO DE RECITADO DE POESÍA "ROSALÍA SEMPRE VIVA"

A Casa-Museo Manuel María convoca, un ano máis, o Concurso de recitado de poesía destinado ao alumnado de ensino non universitario sobre poemas de Rosalía e de Manuel María.

Como vos indicamos nas clases, o prazo de preinscrición para os centros remata o 22 de xaneiro. Celebrada a primeira fase do concurso, debemos comunicar antes do 12 de febreiro  o nome dos alumnos que pasarán á fase final, que se celebrará o sábado, 27 de febreiro, na Casa-Museo Manuel María de Outeiro de Rei.

Os alumnos interesados en participar deben comunicarllo aos profesores de Lingua galega canto antes. Buscade esta fin de semana poemas destes autores e animádevos a concursar.

As bases poden consultarse aquí