LETRAS GALEGAS 2018

Este venres, 18 de maio, os alumnos da ESO celebraron o Día das Letras Galegas no Salón de Actos. Os maiores do ciclo recordaron as únicas catro mulleres homenaxeadas con esta distinción, centrándose especialmente na autora deste ano, Mª Victoria Moreno. O acto contou tamén coa participación dos gañadores do III CONCURSO DE RECITADO DE POESÍA organizado polo Dpto. de Lingua que logo de declamar os poemas, recibiron o premio de mans da Xefa do Dpto. Os alumnos/as que resultaron premiados son: Leyre Padrón Morales  e Ana Rodríguez Cordero de 1º ESO. María Castro Fernández de 2º da ESO Sofía Cid Núñez de 3º da ESO
Deixámosvos algúns dos momentos más destacados da celebración.














Ramón Caride, mantedor dos Xogos Florais


O martes, 28 de abril, celebramos a XXXV edición dos nosos Xogos Florais. Acompáñanos, como mantedor, Ramón Caride.


Fuente: La Voz de Galicia

Como ben sabedes, Ramón Caride, biólogo e profesor, é autor dunha das máis extensas obras en galego. O seu último éxito Flash Back 13, é unha compilación dos seus mellores relatos fantásticos.  

 Capa Flash-Black 13    

A súa narrativa conta con obras tan destacadas como as novelas Soños eléctricos (Premio Blanco-Amor); O frío azul (Premio Lueiro Rey 2007, Premio Templis 2012 na versión española).

Na súa produción xuvenil destaca a serie das aventuras de Said e Sheila ilustrada por Miguelanxo Prado, moi reeditada e traducida a distintos idiomas. Perigo Vexetal (Premio Merlín 1995), Ameaza na Antártida, O futuro roubado e A negrura do mar (Premio Frei Martín Sarmiento 2006) recollen a preocupación deste ourensán polo coidado do medio. Tamén os libros de relatos Exogamia 0.3 e Endogamia 0.2 achégannos a outras realidades. 

É autor doutras moitas obras para o público infantil das que destacamos as máis recentes O capitán Aspanitas e o misterio das Burgas ou As viaxes de Ruki.



É un orgullo para nós poder contar coa presenza deste magnífico escritor.