LETRAS GALEGAS 2018

Este venres, 18 de maio, os alumnos da ESO celebraron o Día das Letras Galegas no Salón de Actos. Os maiores do ciclo recordaron as únicas catro mulleres homenaxeadas con esta distinción, centrándose especialmente na autora deste ano, Mª Victoria Moreno. O acto contou tamén coa participación dos gañadores do III CONCURSO DE RECITADO DE POESÍA organizado polo Dpto. de Lingua que logo de declamar os poemas, recibiron o premio de mans da Xefa do Dpto. Os alumnos/as que resultaron premiados son: Leyre Padrón Morales  e Ana Rodríguez Cordero de 1º ESO. María Castro Fernández de 2º da ESO Sofía Cid Núñez de 3º da ESO
Deixámosvos algúns dos momentos más destacados da celebración.














Juegos florales 2015





Aún estás a tiempo para demostrar tu talento en los Juegos Florales 2015. ¡Anímate a participar!


                                                  BASES XXXV XOGOS FLORAIS   

CON MOTIVO DAS FESTAS DO COLEXIO, OS DÍAS  29 E  30  DE ABRIL DE 2015 CONVÓCASE UN CONCURSO LITERARIO, DE ACORDO COAS SEGUINTES BASES:
1º- Poderán participar os alumnos / as de 1º e
 2º de Bacharelato.

2º- O tema non se fará público ata o
 mesmo día en que se celebre o certame.

3º- Concederanse un primeiro e un segundo premio en cada lingua: dous premios 
en Lingua Castelá e dous en Lingua Galega, sempre que o xurado o estime oportuno.

4º-Os traballos han 
ser orixinais e inéditos, escritos en Lingua Castelá ou en Lingua Galega, en prosa ( que poderá adoptar forma de redacción curta, conto, artigo, valoración crítica...) ou en verso.

- Presentaranse manuscritos, coa letra perfectamente lexible, en follas de tamañofolio e por unha soa cara.

6º- Os traballos 
elaboraranse na Biblioteca do Colexio, en follas seladas, o día 9de abril, de 9: 30 h a 11:30 h.

7º- Asinaranse cun 
seudónimo e irán grampados a un sobre pechado no que figuren os datos do concursante.

8º- Valorarase a beleza da forma e a riqueza do
 contido.

9º- O 
xurado estará composto por: o Mantedor dos Xogos Florais ou a persoa en quen delegue, profesores do Departamento de Lingua e Literatura e membros da A.N.P.A.

10º- A decisión do 
xurado será dada a coñecer o día 28 de abrilnun Acto Literario-Musical, que se celebrará no salón de actos do Colexio.

11º- A resolución do 
xurado, que poderá deixar deserto algún premio, será inapelable.
                                                                                     OURENSE, marzo 2015