VISITA DA ESCRITORA LEDICIA COSTAS

Este mércores, 6 de xuño, a escritora Ledicia Costas visitou o noso colexio. Os alumnos de 2º da ESO tiveron a oportunidade de falar con ela sobre as súas obras, especialmente Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, Premio Lazarillo 2015, que leran no segundo trimestre.
A autora presentoulles dous breves vídeos nos que se recollían os feitos reais que inspiraron o libro: as dúas visitas do escritor a Vigo, Sanjurjo Badía e revelloulles algunha que outra anécdota. Comezou logo un coloquio autora-lectores que resultou do máis gratificante: o alumnado realizou moitas preguntas sobre o libro, a lectura e o proceso de creación que a galardonada escritora contestou amplamente.
Falounos da importancia que ten para un escritor a lectura, do duro que foi a elaboración de Un animal chamado néboa (o seu libro máis apegado á realidade e ambientado na guerra civil), das alegrías que lle teñen dado os seus libros, das súas lecturas e autores favoritos…

Moitísimas grazas, Ledicia Costas, po…

CONCURSO LITERARIO. FESTIVIDAD DE SANTA JOAQUINA VEDRUNA 2015

                                            XIII CERTAME LITERARIO VEDRUNA


                           
CON MOTIVO DA FESTIVIDADE DE SANTA XOAQUINA DE VEDRUNA, o día 22 de maio, convócase un certame literario de acordo coas seguintes bases:


1º- Poderán participar os alumnos de ESO en dúas categorías:

Categoría A: alumnos de 1º e 2º E.S.O.
Categoría B: alumnos de 3º e 4º E.S.O.
.
2º- O tema non se fará público ata o mesmo día en que se celebre o certame.

3º- Concederanse dous premios en cada categoría: dous en Lingua Castelá e dous en Lingua Galega, sempre que o xurado o estime oportuno.

4º- Os traballos han de ser orixinais e inéditos, escritos en Lingua Castelá ou en Lingua
Galega, en prosa (que poderá adoptar forma de redacción curta, conto, artigo, valoración crítica...) ou en verso.

5º- Presentaranse manuscritos, con letra perfectamente legible, en follas de tamaño folio e por unha soa cara.

6º- Os traballos realizaranse na Biblioteca do Colexio, en folios selados, o día 5 de maio, de 9:30 a 11:30 h.

7º- Asinaranse cun seudónimo e irán grampados a un sobre pechado no que figuren os datos do concursante.

8º- Valorarase a beleza de forma e a riqueza de contido.

9º-O xurado estará composto por profesores do Departamento de Lengua / Lingua e membros da A. N.P.A.

10º- A decisión do xurado será dada a coñecer o día 22 de maio.

11º- A resolución do xurado, que poderá deixar deserto algún premio, será inapelable.


                                                                                                                  OURENSE, marzo 2015