BASES DO XX CERTAME LITERARIO VEDRUNA

1º Poderán participar alumnado de 1º, 2º e 3º ESO 2º O tema non se fará público ata o mesmo día en que se celebre o Certame. 3º Os traballos han de ser orixinais e inéditos, escritos en Lingua Castelá ou en Lingua Galega, en prosa (que poderá adoptar forma de carta, relato curto, conto, ...) ou en verso. 4º Presentaranse manuscritos, con letra perfectamente lexible, en follas de tamaño folio e por unha soa cara. 5º Os traballos realizaranse na propia aula, en folios selados, o día 2 de febreiro, de 9:30 a 11:30 h. 6º Asinaranse cun pseudónimo e irán grampados a un sobre pechado no que figuren os datos do concursante. 7º Valorarase a beleza de forma e a riqueza de contido. 8º O xurado estará composto por profesores do Departamento de Lengua / Lingua e membros da Asociación de Nais e Pais do Colexio (ANPA). 9º A decisión do xurado será dada a coñecer o día 11 de febreiro. 10º O premio poderá ser declarado deserto no caso de que o xurado así o estime, e a decisión será inapelable. 11º Pre

O Premio Nacional de Teatro 2014 á compañía galega CHÉVERE.

O teatro galego está de noraboa. Este ano o  Premio Nacional lévao un teatro feito na casa da man de CHÉVERE, unha prestixiosa compañía que foi premiada "por saber transmitir a súa coherente traxectoria de creación colectiva baseada na transgresión de xéneros e tamén pola súa vertente humorística e participativa, sempre conectada coa realidade social e económica".




Trátase dunha compañía de teatro con 25 anos de traxectoria artística, que se converteu  nun dos proxectos escénicos máis importantes de Galicia. Desde o humor, desde o teatro como xogo e desde a manipulación dos xéneros gañou a atención dun público amplo, convertendo o escenario nunha paisaxe para a exposición en aberto dos temas que golpean as nosas vidas.

Inventouse o grelo-western con Rio Bravo, fixo unha ópera portátil integramente cantada en galego con Annus Horríbilis (Premio da Crítica de Barcelona ao mellor musical), embarcou o seu teatro valleinclanesco nunha goleta pirata para visitar a Expo 98 de Lisboa, converteu en teatro un partido de fútbol protagonizado porclowns, meteuse nunha cúpula inchable para contar unha viaxe alucinante ao interior dunha matriz..., e ultimamente practicou en escena o cambio de xénero (Testosterona), inventouse unha biografía moi realista dun dos homes máis ricos do mundo (Citizen) e riuse de toda a clase dirixente europea (Eurozone). Ademais,Chévere responsabilizouse do proxecto artístico da Sala Nasa, un teatro de axitación cultural que funcionou en Santiago de Compostela entre 1992 e 2011.

DENDE ESTE BLOG QUEREMOS DARLLE A NORABOA POLA SÚA TRAXECTORIA  E POLO MERECIDÍSIMO PREMIO. 

FONTES: