LETRAS GALEGAS 2018

Este venres, 18 de maio, os alumnos da ESO celebraron o Día das Letras Galegas no Salón de Actos. Os maiores do ciclo recordaron as únicas catro mulleres homenaxeadas con esta distinción, centrándose especialmente na autora deste ano, Mª Victoria Moreno. O acto contou tamén coa participación dos gañadores do III CONCURSO DE RECITADO DE POESÍA organizado polo Dpto. de Lingua que logo de declamar os poemas, recibiron o premio de mans da Xefa do Dpto. Os alumnos/as que resultaron premiados son: Leyre Padrón Morales  e Ana Rodríguez Cordero de 1º ESO. María Castro Fernández de 2º da ESO Sofía Cid Núñez de 3º da ESO
Deixámosvos algúns dos momentos más destacados da celebración.














Imos ao teatro: Pequenas Certezas

Ty
Os alumnos de 2º de Bacharelato serán esta vez os afortunados de asistir ao auditorio o mércores 3 de decembro para ver a obra Pequenas Certezas da compañía Sarabela Teatro. O texto é da mexicana Bárbara Colio e a súa adaptación ao teatro grazas a esta compañía ourensana está a ser un éxito absoluto.  

Mario desapareceu e Natalia emprende unha viaxe á cidade natal deste. Aí atópase cos seus irmáns, coa noticia dunha fraude, e decátase de que ninguén coñecía de todo a Mario. O enfrontamento entre as familias estala. Seres desamparados ante a certeza de que só poderán sobrevivir poden asirse ás pequenas convicións cotiás que a vida lles dá.

       Pequenas Certezas explora a presenza de alguén a través da súa ausencia: Mario desaparece e na súa busca familiares e amigos atopan que as versións de cada un deles en torno á mesma persoa son distintas e ás veces contrapostas.

Trátase dunha obra chea de suspense e humor cunha trama que enganchará ao público dende o primeiro momento.