martes, 4 de noviembre de 2014

"ENCONTROS LITERARIOS" NO LICEO DE OURENSE.


Hoxe e mañá celebrarase no Liceo de Ourense a vixésima cuarta edición dos "Encontros Literarios".

 Este ano os autores protagonistas da cita serán os magníficos escritores BernardoAtxaga e Xosé Luís Méndez Ferrín.        
O escritor guipuzcoano, membro de la Real Academia da Lingua Vasca-Euskaltzaindia e ante todo, un apaixoado da literatura, participará nos encontros hoxe mesmo no salón nobre da entidade. Atxaga ofrecerá unha conferencia titulada "Traxectoria literaria", na que analizará a historia das literaturas vasca e galega, e os seus puntos en común.       


Pola súa banda, Méndez Ferrín ofrecerá un relatorio que, baixo o título de "O Padre Feijóo dende Ourense", reflexionará sobre a figura do intelectual ourensano, en plena celebración dos 250 anos dende o seu falecemento.

*Fuente: La Región, 04/11/2014

No hay comentarios:

Publicar un comentario