VISITA DA ESCRITORA LEDICIA COSTAS

Este mércores, 6 de xuño, a escritora Ledicia Costas visitou o noso colexio. Os alumnos de 2º da ESO tiveron a oportunidade de falar con ela sobre as súas obras, especialmente Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, Premio Lazarillo 2015, que leran no segundo trimestre.
A autora presentoulles dous breves vídeos nos que se recollían os feitos reais que inspiraron o libro: as dúas visitas do escritor a Vigo, Sanjurjo Badía e revelloulles algunha que outra anécdota. Comezou logo un coloquio autora-lectores que resultou do máis gratificante: o alumnado realizou moitas preguntas sobre o libro, a lectura e o proceso de creación que a galardonada escritora contestou amplamente.
Falounos da importancia que ten para un escritor a lectura, do duro que foi a elaboración de Un animal chamado néboa (o seu libro máis apegado á realidade e ambientado na guerra civil), das alegrías que lle teñen dado os seus libros, das súas lecturas e autores favoritos…

Moitísimas grazas, Ledicia Costas, po…

O Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense rinde homenaxe ao Padre Feijóo


Os alumnos de 4º de ESO puideron gozar esta semana na sala de exposicións do Centro Social Afundación (Praza Maior, 4) da exposición “O Padre Feijóo. Cidadán libre dá República Literaria".

A mostra presenta catro ámbitos temáticos. O primeiro aborda a cuestión da súa biografía. Persoa de resonancia universal, o Padre Feijóo era natural de Ourense, membro dunha familia fidalga con raizame en diferentes lugares da provincia. Despois de Ourense virán novos lugares e a carreira formativa para chegar ao asentamento definitivo en Oviedo.

O apartado destinado á análise da súa obra pretende expoñer a profunda renovación que realizou Feijoo do pensamento do seu tempo, un escritor filosófico, fóra de toda norma como este se definía: "Cidadán libre da República Literaria". Esta produción pode poñerse en relación coa Ilustración e cos seus contemporáneos pero igualmente proxectarse no presente, faceta do seu legado que se pretende subliñar.

Como lugar de orixe de Feijóo, Ourense rendeu homenaxe en datas sinaladas á súa figura e son fitos na recuperación da súa figura no século XIX. Destacan dous actos de eco nacional: a celebración do bicentenario do seu nacemento en 1876 e as festividades con motivo da inauguración da súa estatua en 1887.


                Estas son algunhas das imaxes dos nosos alumnos gozando do museo.