LETRAS GALEGAS 2018

Este venres, 18 de maio, os alumnos da ESO celebraron o Día das Letras Galegas no Salón de Actos. Os maiores do ciclo recordaron as únicas catro mulleres homenaxeadas con esta distinción, centrándose especialmente na autora deste ano, Mª Victoria Moreno. O acto contou tamén coa participación dos gañadores do III CONCURSO DE RECITADO DE POESÍA organizado polo Dpto. de Lingua que logo de declamar os poemas, recibiron o premio de mans da Xefa do Dpto. Os alumnos/as que resultaron premiados son: Leyre Padrón Morales  e Ana Rodríguez Cordero de 1º ESO. María Castro Fernández de 2º da ESO Sofía Cid Núñez de 3º da ESO
Deixámosvos algúns dos momentos más destacados da celebración.














Neira Vilas recibe o premio ‘Otero Pedrayo’ pola súa traxectoria como“activista literario”


O xoves, día 9 de outubro de 2014, o famoso escritor e académico galego, Neira Vilas recibiu o prestixioso premio Otero Pedrayo nun acto solemne celebrado no Salón de Plenos da Deputación Provincial de Pontevedra.

 Escritor comprometido co seu país e a súa  literatura, amante da terra galega e a súa lingua, galeguista e universal... así se definiu ao homenaxeado, un dos máis importantes escritores galegos de todos os tempos. 


O  presidente galego presidiu a ceremonia de entrega, no que interviron por orde de actuación, Xesús Alonso Montero, Presidente da Real Academia Galega; o premiado, Xosé Neira Vilas; o Presidente da Deputación, Rafael Louzán Abal e finalmente, o Presidente da Xunta de Galicia, Xosé Núñez Feixoo. No intermedio e ao final  houbo unha actuación musical na que se versionaron poemas de Otero Pedrayo e de Xosé Díaz Castro. Todos eles ovacionaron o autor de Memorias dun neno labrego, no que o presidente de la RAG calificou dun "acto de justicia".

No seu discurso, o premiado  fixo un canto de loanza a D. Ramón Otero Pedrayo, patriarca das Letras Galegas, extraordinario intelectual, profesor, escritor e subliñou varias veces a expresión "home de ben, un galego bo e xeneroso". Tivo en conta á emigración galega, cancro da nosa terra, na liña de Rosalía quen se laia da miserenta vida dos emigrados e das súas tristes consecuencias: despoboación da terra, o deixar orfos de pais vivos a tantos nenos e mozos. Otero Pedrayo comparte os laídos rosaliáns e rexeita ese éndemico mal da Nosa Terra. Otero Pedrayo foi homenaxeado pola diáspora galega en América, a onde viaxou varias veces. Mantivo unha relación de amizade con Neira Vilas, a quen se dirixe en varias ocasións como irmán, na liña das Irmandades da Fala.