jueves, 30 de octubre de 2014

IMOS AO TEATRO


Este luns 3 de novembro ás 16.00 horas no Auditorio os alumnos de 4º ESO e 1º de Bacharelato serán os privilexiados que poderán disfrutar da obra teatral "Perplexo" da compañía ourensá Il Maquinario. Unha comedia baseada na obra do dramaturgo Marius Von Mayenburg, dirixida por Tito Asorey e protagonizada por Francisco Lareu, Fernando González, Melania Cruz y Laura Míguez.

En “Perplexo”, Laura e Fernando volven a casa despois das vacacións,  ao pouco de entrar perciben nela pequenos pero estraños cambios: unha nova planta aparece na cociña, o seu gato non está por ningunha parte, a luz está cortada por falta de pagamento, aínda que uns amigos da parella, Fran e Mela, quedaron ao coidado das cousas na súa ausencia. Cando os catro personaxes aparecen en escena a situación dá un xiro, pois semella que os amigos son os verdadeiros e lexítimos propietarios da vivenda. A partir deste momento, a peza sucédese nun continuo xogo de intercambio de roles, onde o espectador vive un vertixinoso devir de escenas e no que o teatro se converte nunha metáfora da nosa realidade actual, na que todos temos que nos impoñer determinadas máscaras sociais para facer fronte ás novas situacións que a vida nos presenta.


A peza, na que os personaxes teñen o mesmo nome que os actores que a interpretan, xoga dun xeito audaz co teatro dentro do teatro para falar, de xeito tremendamente cómico, de temas de tanta actualidade como son a busca dunha identidade propia, o racismo, as dificultades das relacións de parella ou a existencia dun poder supremo.

Dende este blog queremos desexarlles unha grande estrea e moito éxito.

No hay comentarios:

Publicar un comentario